22 de marzo: todxs a Madrid nas Marchas da Dignidade

22 de marzo: todxs a Madrid nas Marchas da Dignidade

9

Como xorden as Marchas
Cando remataba o pasado mes de agosto, o SAT de Andalucía facía pública a súa intención de dirixirse a todo o abano do sindicalismo alternativo do estado español para ofrecerlles a iniciativa dunha marcha sobre Madrid. O SAT levaba máis dun mes activando as marchas por Andalucía, gañando a pulso unha autoridade moral indiscutible a través da mobilización permanente e sostida no tempo. A eficacia e a audacia na comunicación fixeron tamén que o SAT se convertera nunha referencia mediática, en pouco tempo.Efectivamente, a mediados de setembro o sindicato andaluz trasladaba a proposta aos sindicatos nacionais de clase. O obxectivo que contíña dita proposta era a organización de diversas columnas de traballadores e traballadoras, desde os diversos territorios do estado, que deberán confluír o 22 de marzo en Madrid. O lema que motivaría esta mobilización sería; Pan, Traballo e Teito, á rúa que xa é hora. Asimesmo, trataríase de integrar e aglutinar ao maior abano posible de apoios: os movementos sociais, e tamén as organizacións políticas anticapitalistas.O arranque e as reticencias
Houbo varios encontros nos distintos territorios do estado español; Barcelona, Xixón, Valencia, Madrid e Sevilla. A inmensa maioría das organizacións convocadas foron perfilando o seu apoio e a súa participación. Houbo de todo, tamén reticencias por parte dalgúns. É aquí cando algúns, a minoría, comezan a cuestionar o chamamento, porque este supostamente responde a un deseño dunha axenda política marcado polas elección europeas. Efectivamente, o 22 de marzo coincide no calendario ca precampaña deste proceso electoral. Pero tirar deste feito un cuestionamento total das Marchas é moito esaxerar.É evidente que o xogo da política, canto máis a electoral, pretenderá capitalizar e usurpar para o seu proveito as Marchas da Dignidade, claro que si. Pero dependerá de nós, o sindicalismo de clase e alternativo, que iso finalmente non aconteza dese xeito. Tamén as arañeiras da “política”, son utilizadas teimudamente como coartada do sectarismo dalgúns segmentos do sindicalismo alternativo. Mais, ao final, a inercia acadada polo chamamento fixo que as posicións evoluíran para acabar apoiando, a inmensa maioría as Marchas da Dignidade.A suma e a integración
Pouco importa o grao do compromiso, pouco importan os matices, o certo é que, por primeira vez, case a totalidade do sindicalismo combativo, comprométese nunha iniciativa destas características. Ademáis do SAT e todo sindicalismo alternativo andaluz (CGT, CNT, SU, CAT,..), estarán nas marchas EGUNE o espazo socio-laboral de Esukal Herria que agrupa a ELA, LAB, ESK, ESTEILAS e todo entramado de movementos sociais basco. Tamén apoian, o sindicalismo dos Paisos Cataláns (IAC, COS, I.Valenciana, I. Balear,..) e as organizacións sindicais anarquistas como a Solidaridad Obrera, CNT e CGT, de ámbito estatal.Pero o apoio ás Marchas non quedou reducido o plano sindical, centos de entidades, organizacións, plataformas e o conxunto dos movementos sociais, ó longo do estado, fóronse integrando paulatinamente. Non é unha adhesión idéntica en todos os lugares ou territorios, pero maioritariamente, como no eido sindical, a suma medra no día a día. Plataformas anti-desafiuzamentos, o movemento ecoloxista, asociacións feministas, da xuventude, do estudantado, o movemento da renda básica, ou mesmo homes e mulleres e intelectuais e artistas a título persoal.A posición dos sindicatos nacionais
Por razóns intrínsecas á nosa propia natureza, a convocatoria estatal non é o marco obxectivo para os sindicatos nacionais e de clase. Sen embargo a correlación sindical nas nacións do estado determinou na historia a nosa práctica sindical, sobre todo nas convocatorias das Folgas Xerais. Ninguén, salvo en Euskal Herría, cuestiona a participación nas F.X. convocadas por CCOO e UGT. Como íamos a cuestionar unha iniciativa do SAT? Evidentemente non, sobre todo cando ademais do contido e obxectivo das Marchas da Dignidade, esta mobilización por primeira vez, non é tutelada desde Madrid e vén precisamente a deslexitimar ás corporacións sindicais do sistema, que farán todo o posible por boicotear o 22-M.Non é o mesmo falar do espazo sindical basco, cunha maioría sindical arbertzale, que a realidade galega, catalá ou canaria. Obviamente, outra cousa é ir a Madrid. Pero, como se ten dito, o 22 de marzo iremos á capital do reino, como un movemento libre, obreiro e popular, onde conxugaremos a nosa perspectiva nacional e de clase, co internacionalismo proletario e a transversalidade cos demais compañeir@s de viaxe, cun denominador común anticapitalista, e cuestionador do sistema que emana da reforma política franquista.A lectura política máis aló do sindical
É obvio que con eleccións europeas, ou sin elas, as mobilizacións das Marchas da Dignidade, están cargadas de contido político máis que ningunha outra. Co escenario histórico que vivimos, como podería ser doutra maneira? A mobilización enmárcase nunha clara intención antisistema. Temas como o desemprego, o escravismo laboral ou a vivenda, van interrelacionados co esgotamento do réxime fillo da restauración borbónica ou coas políticas da Troica. O plantexamento é frontal e enfiado por todo aquilo que nos une, sexamos galegos, bascos, cataláns ou españois. Tamén, por primeira vez @s traballador@s das nacións sen estado, levantaremos en Madrid a bandeira do dereito a decidir.Compostela, 3 de feberiro de 2014.Executiva Nacional da CUT