A CUT subscribe a convocatoria da Plataforma polo Dereito ao Aborto

A CUT subscribe a convocatoria da Plataforma polo Dereito ao Aborto

18

En resposta á Lei Anti-Aborto que vén de impor o goberno da dereita ultracatólica do PP, a CUT apoia a campaña de mobilización convocada pola Plataforma polo Dereito ao Aborto.A Central Unitaria de Traballadoes/as considera que o dereito das mulleres a decidir sobre o seu propio corpo é unha facultade inalienable que debe ser amparada mediante unha Lei que garanta un acceso libre, gratuíto e universal ao aborto.As medidas regresivas do PP neste ámbito, sumadas aos recortes en políticas de protección social, amosan a verdadeira faciana hipócrita deste goberno que cunha man impide a autorregulación da natalidade, e coa outra reduce as prestacións sociais en materia de sanidade e educación aos xa nacidos.Por esta razón, a Central Unitaria de Traballadores/as subscribe e apoia completamente a campaña de mobilización anunciada pola Plataforma polo Dereito ao Aborto así como a convocatoria de manifestación unitaria que terá lugar en Compostela o vindeiro 9 de marzo so o lema: Enchamos a Quintana. Polos nosos dereitos sexuais e reprodutivos.