As pensións galegas, as máis baixas do estado español

As pensións galegas, as máis baixas do estado español

6

O pasado 9 de novembro, compañeiras e compañeiros da CUT, da CNT e mais da CGT manifestáronse en varias cidades galegas en defensa das pensións públicas. Doce dáis logo, o xoves 21 de novembro, as 20:00 horas, unha nova manifestación percorreu Vigo convocada conxuntamente pola CUT, a CGT, o STEG, o SF-IN e o SE. Un monllo de datos axudan a construír unha perspectiva cuantitativa máis nidia fronte o brutal programa de contrarreformismo neoliberal.A pensión media en Galicia, tendo en conta o total dos réximes da seguridade social, é a mais baixa do Estado español. No mes de outubro situábase en 723,56 euros, 136,44 euros inferior á media estatal, 860 euros. No penúltimo lugar está Extremadura, con 726,10 euros, seguida de Murcia, con 758,33 euros. Ao contrario, as pensións medias mais altas son as de Euskadi, 1.062,05 euro, e as de Madrid, 1.018,15 euros.Do total de 741.516 pensionistas galegos, 457.968 son xubilados cunha pensión media de 814,45 euros (984,67 euros no conxunto do Estado), 186.216 son perceptores dunha pensión de viuvez con 522,33 euros de media (619,01 euros no Estado), 69.309 persoas que reciben unha pensión de incapacidade permanente de 800,09 euros de media (909,25 euros no Estado), 22.320 de orfandade (366,67 euros) e 5.793 da tipoloxía “favor de familiares” (463,60 euros).Por provincias, as pensións mais altas están en A Coruña e Pontevedra cun promedio de 763 euros, baixando a 642,17 euros en Lugo e a 622,33 euros en Ourense. En relación cos réximes mais importantes, no réxime xeral a pensión media sitúase en 857,50 euros (954,39 euros no Estado) e no caso dos traballadores e traballadoras autónomos, 530,46 euros (604,89 euros no Estado).A diferenza por sexos é sanguiñenta. A 31 de decembro de 2012, a pensión media das mulleres galegas, contando todo tipo de pensións (xubilacións, viuvez, orfandade, incapacidade permanente…) situábase en 556 euros, 317 euros inferior á dos homes. No caso do réxime xeral, a muller galega percibe unha pensión media de 665,34 euros fronte aos 1.004,81 euros dos homes. (Este artigo tamén foi publicado en O Xornal)