23 de xaneiro, asemblea comarcal no Morrazo

23 de xaneiro, asemblea comarcal no Morrazo

5

A Executiva Comarcal do Morrazo acordou en xuntanza ordinaria a convocatoria da Asemblea Comarcal, para o próximo 23 de xaneiro ás 19 horas, na sede sindical de Cangas. Esta convocatoria extraordinaria, da cumprimento ao acordo da Executiva Nacional, para a renovación das estruturas do noso sindicato despois da celebración do V Congreso Nacional.
A Asemblea do día 23 de xaneiro rexerase en base á seguinte orde do día:- Informe e debate do traballo sindical 2010-2013 na comarca.- Elección da nova Executiva Comarcal.- Elección d@ Secretari@ Comarcal e membros no Secretariado Nacional.- Acción sindical e Mobilizacións.
Desde a Executiva Comarcal que o día 23 rematará a súa xestión, faise un chamamento á participación da afiliación. A asistencia e a participación activa nas asembleas, non so é un dereito estatutario, na CUT é unha obriga ética de clase.