O atraco enerxético: lucro irracional e colonial

O atraco enerxético: lucro irracional e colonial

7

Os recursos enerxéticos como vector estratéxico para o desenvolvemento das sociedades teñen que ser público. Sen embargo, no Estado Español son precisamente as empresas enerxéticas as que obteñen as máis altas taxas de rendibilidade. Evidentemente o interese xeral está supeditado de maneira perversa aos intereses dos oligopolios expropiadores dos recursos comúns. As súas estratexias de penetración e control do poder político exemplifícanse en feitos como a contratación de numerosos dirixentes políticos: Felipe González, Aznar, Boyer, Elena Salgado, Martín Villa, etc. Hai que garantir a toda costa, o lucro capitalista.Cando falamos do nivel de pobreza social, adóitase recorrer a parámetros económicos como a renda das persoas ou o acceso á vivenda, pero moi poucas veces, se ten en conta o concepto de pobreza enerxética, ou como moito vémola supeditada ao factor da renda. É unha obviedade que a pobreza enerxética é un problema oculto a pesar da súa gravidade e a magnitude acadada na conxuntura actual.A raíces do problema están situadas no seu perfil estrutural como se ten dito. Os cinco oligopolios da electricidade que controlan o 95% desta enerxía, e por extensión o capitalismo, teñen como obxectivo único a obtención do lucro pola venda deste servizo. Prescinden de calquera outro factor de racionalidade e sustentabilidade, porque o seu fin único é o beneficio.A pobreza enerxética ten tres causas principias. A primeira é o baixo nivel de renda. A segunda é a falta de eficiencia enerxética das vivendas. E a terceira é propio o prezo da enerxía. Todas elas como vemos están vinculadas a un mal sistémico. Contextualizando hoxe esta problemática, é doado deducir a súa importancia ou impacto no drama que sofren as familias traballadoras cada día para sobrevivir.Estímase que un 16% de fogares de Galicia, non poden pagar o recibo da luz. Mesmo informes nada sospeitosos da Cruz Vermella estiman que un 58% das persoas atendidas durante o ano que remata, tiveron problemas para manter a casa a unha temperatura axeitada. E no 2012 as eléctricas cortáronlle o subministro a 1.400.000 fogares no Estado Español. No trienio 2007-2010 duplicáronse o número de familias que recorreron a Cáritas para pagar o recibo da luz.O atraco enerxético ademais da súa concepción aberrante, e en función soamente do lucro empresarial, utiliza ademais un instrumento diabólico de xestión de cómputo e cobro de enerxía. Esta é a segunda parte da estafa. O chamado prezo da enerxía obtéñeno a partir dunha “subasta”, onde so se ten en conta unha vez máis, os intereses empresariais. A perversidade chega a termos que pagar, o que eles denominan “déficit de tarifa”, outro invento para estafar ós consumidores.Tamén é unha tarefa prioritaria para o sindicalismo de clase, enfrontar o atraco enerxético. As razóns quedan ben claras, a primeira é que este atraco vai dirixido @s traballador@s, que somos @s que pagamos o recibo. Os fogares pagamos o recibo da luz, tres veces máis caro que as grandes industrias. A segunda é tamén de fácil dedución, e é que a produción, xestión e distribución da enerxía en xeneral e a eléctrica en particular, non pode estar en mans privadas.Temos que plantexarmos como reivindicación da clase traballadora, a nacionalización deste sector estratéxico. O caso galego é o máis aberrante, exceptuando as térmicas de Meirama e As Pontes, o montante principal de produción está nas hidroeléctricas e as eólicas. Converteron algo que debería pertencer á sociedade no seu conxunto no negocio de catro. Iberdrola e Endesa, foron a segunda e terceira eléctrica europea con máis beneficios que, por suposto, non tributan impostos en Galicia, o cal lle engade un factor colonial á expropiación do que debería ser patrimonio de toda a nosa sociedade.