Nova lei antiobreira: reforma das mutuas patronais

Nova lei antiobreira: reforma das mutuas patronais

8

Fai uns días o Consello de Ministros aprobou a proposta da Ministra de Traballo, Fátima Báñez, o antreproxecto polo que se modifica a Lei Xeral da Seguridade Social en relación ó réxime xurídico das mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais. O contido do anteproxecto que acaban de aprobar, aínda que disimulado e sutil, é unha nova aldraxe aos dereitos da clase traballadora.Co eufemismo de fixar o obxectivo de “modernizar o funcionamento e a xestión”, ou “garantir maior transparencia e eficacia na acción”, o que en realidade o PP pretende é a privatizaciónm tamén no ámbito laboral, do noso dereito á saúde e seguridade no traballo.Para mostra da sutileza case literaria deste anteproxecto de lei, as mutuas patronais a partir de agora vanse chamar “Mutuas da Seguridade Social”. Nada máis e nada menos. A través deste enxendro lexislativo dáselle potestade a estas entidades patronais e nos diríamos que gangsterís, de poder incluso impugnar a situación de IT.As Mutuas patronais no estado español ocúpanse das continxencias profesionais de máis de 13 millóns de traballadores, e de máis de 11 millóns das continxencias comúns. As mutuas, que son “asociacións de empresarios sen ánimo de lucro”, no pasado exercicio ingresaron máis de 5.300 millóns de euros en concepto de cotas por continxencias profesionais e máis de 3000 millóns por continxencias comúns.Desde a Central Unitaria de Traballadores/as esiximos que a nosa seguridade no traballo sexa supervisada pola Administración e atendida por un servizo público que garanta a igualdade entre patróns e traballadores/as.