A CUT contra a represión dos traballadores de Puerto Real

A CUT contra a represión dos traballadores de Puerto Real

14

Causa alarma e é ben sintomático que os medios de desinformación teñan agochada a noticia do encadeamento de oito traballadores do naval en Puerto Real. Como temos informado desde a CUT, o pasado día 12 de decembro centos de traballadores do naval mobilizábanse nesa vila gaditana, para esixir solucións para o sector naval. A contundencia da mobilización deixaba claro o estado de ánimo do colectivo dos estaleiros.

Durante a manifestación foron detidos dez traballadores da industria auxiliar, supostamente polos incidentes acontecidos na ponte de Carranza, e os destrozos producidos no mobiliario urbano, o xuíz decretou prisión preventiva para oito, e dous quedaron en liberdade con cargos.
Pasan os días e os traballadores seguen en prisión. O pobo de Puerto Real está en mobilización permanente con múltiples iniciativas, pero os medios non se fan eco desta realidade, máis alá dos noticieiros locais. Está claro que é urxente que a solidariedade cos compañeiros, tamén debe de atender a intención de romper este apagón mediático, tendo en conta o furibundo asañamento do aparello represivo do Réxime.
Hoxe o Concello de Puerto Real tivo sesión extraordinaria para amosar a solidariedade cos compañeiros. Por outra banda, o Gobernador Civil, agora chamado Subdelegado do Goberno, non anda con rodeos ao se manifestar coma o fascista que é: “entende que as familias dos detidos non se sintan a gusto cia actuación policial”, e engade: “pero deberían limitarse a transmitir que non están a gusto coa detención destas persoas”.
“Quien comete actos vandálicos, los tiene que pagar”. Todo un elenco expresivo do talante fascista de Javier de la Torre, que é como se chama o Gobernador. Dicíamos fai uns días, que este feito non é máis ca un prólogo do que van facer coa reforma do Código Penal e coa chamada Lei de Seguridade Ciudadana.
Desde a CUT temos transmitido ao CAT (Colectivo Autónomo de Trabajadores) e ó Comité de Empresa, a nosa solidariedade cos compañeiros encadeados, esixindo a súa inmediata posta en liberdade. Sería desexable que tod@s fagamos públicas as mostras de solidariedade. Podemos e debemos enviar o noso apoio ao correo comitedeempresapuertoreal@navantia.es ou directamente á Subdelegación do Goberno de Cadiz.
LIBERDADE PARA OS COMPAÑEIROS DETIDOS EN PUERTO REAL !!