A CUT apoia a convocatoria da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto

A CUT apoia a convocatoria da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto

10

A reforma inminente da Lei do Aborto que pretende aprobar o goberno nacional-católico do presidente Rajoy e o seu infame ministro de Xustiza Gallardón suporá á privación á muller do control do seu propio corpo, unha medida que introduce novamente a xurisdición eclesiástica na materia da reprodución.

A Central Unitaria de Traballadores/as, como organización obreira de clase, combativa e antipatriarcal, e membro da Plataforma polo Dereito ao Aborto, rexeita completamente estas medidas que, sumadas ao resto de recortes en políticas sociais e dereitos laborais, van provocar unha verdadeira regresión na calidade de vida das mulleres traballadoras condenadas a concibir cantos fillos “deus mande”, e a se facer cargo do mal chamado traballo doméstico que carga sobre os seus ombreiros o custe da reprodución social do sistema. Máis abaixo detallamos o lugar das convocatorias do #feminismogalego previstas para as 19 horas do día no que anuncien a reforma do aborto:Vigo: MarcoCoruña: ObeliscoOurense: Casa do ConcelloCompostela: sede do PP (Alfredo Brañas)Ferrol: Casa do ConcelloLugo: Subdelegación do GobernoPontevedra: Praza da Peregrina)A Mariña: Casa do Concello de Ribad