Mandela sempre

Mandela sempre

7

Onte millóns de homes e mulleres africanas, pero tamén de todo o Mundo, rendéronlle unha homenaxe a Nelson Mandela. Perto dun cento de xefes de Estado dos cinco continentes abalaron ca súa presenza, a magnitude histórica do líder surafricano que acaba de falecer. Din que centos de millóns de televidentes seguiron a cerimonia de Johannesburgo en directo.

Cóntanse por mileiros as noticias que está a producir a desaparición de “Madiba”. Biografías, análises do seu papel político, historias do cárcere, galerías de fotos, enchen os periódicos e canais de televisión do todo o Mundo. Pero a visión dominante desas mesmas noticias, é o enxalzamento de Nelson Mandela como home de paz, un discípulo de Gandhi e como premio Novel. Aínda sendo verdade ese perfil da súa personalidade, esquécense á posta do máis importante; o Mandela revolucionario e anti imperialista.Eses mesmos medios mostran a incredulidade ou sorpresa, cando non é presentado como dato exótico, o papel preferente de Raúl Castro na cerimonia de homenaxe ó dirixente morto. Evidentemente, Cuba non é EE.UU, nin India, nin Brasil, cuxos presidentes e presidenta tamén tiveron un papel protagónico na cerimonia. É obvio tamén, que o protocolo seguido responde a un reparto de papeis, en base ó interes político e xeoestratéxico da nación surafricana.Neste reparto a Cuba cábelle o papel do recoñecemento e agradecemento da Sudáfrica de Mandela, á solidariedade internacionalista d@s combatentes cuban@s, que foron quen de derrotar ó exército do apartheid e punta de lanza dos intereses imperialistas, dos EEUU e tamén da Europa “democrática”. A derrota sudafricana fronte @s cuban@s, non so posibilitou a independencia de Angola, e a de Namibia e a de Zimbabue, senón que foi tamén o tiro de gracia para o réxime do apartheid. Os acordos asinados por Cuba, Angola, EEUU e Sudafrica no ano 1975, dan fe deste acontecemento histórico. Nelson Mandela sabíano ben.As axencias de fabricación de opinión pública alienada tamén o saben. Igual que saben do compromiso armado de Madiba coa insurrección sudafricana do CNA. Ou mesmo saben que o líder morto, durante moitos anos estivo na lista de “terroristas perigosos” ao igual que a súa organización o CNA. Pero os intoxicadores calan. Non vaia a ser que se descubran máis cousas que fagan perigar o seu status quo.Tamen na España de Rajoi e do Borbón, seguen na cadea centos de “terroristas perigosos” como reféns do Estado. Arnaldo Otegi ou Rafa Díez polo delicto de faceren política e de buscar a Paz. Por iso os fabricadores de noticias calan. Sempre Mandela.