Ampla asistencia ás manifestacións en defensa da Sanidade Pública

Ampla asistencia ás manifestacións en defensa da Sanidade Pública

10

No día de onte milleiros de galegos e galegas saíron á rúa para esixir o mantemento da sanidade como un servizo público alleo ao lucro das empresas privadas.As medidas antipopulares e privatizadoras do goberno de Rajoy están a atopar unha forte resposta na rúa un día si e outro tamén. Na xornada de onte, ademais do paro masivo dos profesionais da sanidade durante toda a xornada do luns e o martes, moreas de galegos e galegas saíron á rúa para lle esixir ao goberno da dereita un servizo de sanidade público, universal, gratuíto e ao servizo da cidadanía, non das aseguradoras privadas. Para ver máis imaxes da manifestación de Vigo, pódese consultar aquí.