Concentración en apoio a T-Solar

Concentración en apoio a T-Solar

5

O vindeiro mércores 11 de decembro, ás 20:00h, diante da Subdelegación do Goberno en Ourense, terá lugar unha concenctración en apoio @s traballadores/as de T-Solar. O vindeiro Mércores 11 de Decembro ás 20.00 horas, concentrada diante da Subdelegación do Goberno, a cidadanía de Ourense estará a carón d@s traballador@s de T-Solar, aportando o seu gran de area á loita polo emprego. “Por un traballo e un futuro dignos. Queremos traballar e non emigrar.” A loita de T-solar é o exemplo perfecto do expolio que está a sufrir a clase obreira galega coa excusa da crise do sistema financieiro.Namentres as grandes empresas españolas, transnacionais, multinacionais e os bancos están gañando máis diñeiro ca nunca, sufrimos ataque tras ataque contra os nosos dereitos duramente conquistados (sanidade, educación, liberdade de opinión…) que se ven eliminados de maneira totalmente antidemocrática.O “noso” goberno galego, vende a nosa terra á megaminaría, e lúcrase co expolio e a destrucción dos nosos montes, arrasados polos incendios, ó tempo que desmantela os sectores estratéxicos (como a pesca, o naval e o metal de Vigo e Ferrol, o noso sector gandeiro e lácteo, e o noso rural), enviando a un exilio forzoso a miles de moz@s galeg@s que teñen que ir vivir e traballar lonxe do seu país e das súas familias.Por iso é preciso exercer o noso dereito a unha resposta, o conflicto de T-Solar é só un exemplo máis do que as traballador@s galeg@s vimos sufrindo, e xa estamos fart@s.
Non máis destrución de emprego.Non máis desmantelamento nin do sector industrial nin do sector primario.Non máis recortes.Non máis emigración.
Outro futuro é posíbel, construámolo dende o agora, que T-Solar sexa o punto que marque o antes e o despois nesta loita colectiva.Coa solidariedade por bandeira, podemos construir un futuro. Polo direito a unha vida digna na nosa Terra! T-Solar Non Pecha!