Venres 13, manifestación en Bueu en apoio @s traballador@s de Antonio Alonso

Venres 13, manifestación en Bueu en apoio @s traballador@s de Antonio Alonso

9

O conflicto na conserveira de Bueu Antonio Alonso, S.A., derivado polo despedimento de seis traballador@s segue en compás de espera. Hoxe ás 11 da mañá volveu a ter lugar unha concentración fronte a factoría, onde participaron ademáis d@s traballador@s na hora de descando, máis dun cento de veciñ@s na súa solidariedade.

Desde o propio colectivo laboral anunciouse unha MANIFESTACIÓN para o venres día 13 de decembro en Bueu, onde se fará un chamamento a todo o pobo, para apoiar @s traballadr@s en loita de Conservas A. Alonso. A manifestación sairá ás 19´30 horas da Praza do Concello e percorrerá as rúas da vila, con remate de novo fronte ó Concello.O luns día 9 ás 15 horas haberá unha asemblea de traballador@s da empresa, onde se decidirán as demais accións a levar ó cabo. A partir dese mesmo día, as concentracións serán de 10´30 a 11,30 fronte as portas da fábrica. Reitérase un chamamento @s traballador@s e pobo en xeral, para estar presentes nas mesmas.Desde a CUT ó igual que desde a CIG, reiteramos a negativa a sentarmos a negociar coa Dirección da empresa, mentres non sexan retirados os despedimentos @s seis traballador@s e readmitidos nos seus postos de traballo.