Concentración en defensa do tren

Concentración en defensa do tren

8

A CUT apoia a concentración que haberá mañá xoves 5 de decembro na estación de Guixar (Vigo) en defensa do tren como un servizo público.
A campaña de privatización de todo o sector público a cargo do goberno d PP en Madrid, xa iniciada polo PSOE de González, acomete a súa derradeira etapa en Renfe que vai ser dividida e vendida a cachos ao mellor postor, se a cidadanía non reclama o seu dereito á mobilidade,e a un medio de transporte barato, limpo e democrático.Por esta razón, a Central Unitaria de Traballadores manifesta o seu apoio á concentración que haberá mañá na estación de Guixar (Vigo), ás 17:30h, convocada pol@s compañeir@s da CXT e o SF.
O tren non se vende, o tren deféndese!