Cristina Blanco e Raquel Lema, novas secretarias comarcais

Cristina Blanco e Raquel Lema, novas secretarias comarcais

41

As asembleas da Central Unitaria de Traballadores/as que tiveron lugar o pasado venres 29 de novembro en Vigo e Santiago de Compostela escolleron respectivamente como secretarias comarcais ás compañeiras Cristina Blanco e Raquel Lema.

A compañeira Cristina Blanco, traballadora na hostalaría, e a compañeira Rakel Lema, traballadora na CRTVG, foron escollidas como secretarias comarcais da CUT en Vigo e Santiago de Compostela para os vindeiros catro anos tras unhas asembleas marcadas pola elevada participación obreira, o debate aberto e a confraternidade.As dúas novas responsables comarcais da CUT coincidiron na necesidade de afondar nas liñas do sindicalismo de clase, combativo, non subvencionado e antipatriarcal como ferramentas imprescindibles para acadar a emancipación da clase obreira galega no actual contexto de crise económica, deriva autoritaria do capitalismo español e total descrédito do sindicalismo sistémico, para o cal fixeron un chamamento ao compromiso e á unidade obreira nas loitas decisivas que han ter lugar na rúa os vindeiros catro anos.
Viva a loita obreira!Venceremos nós!