Finou o compañeiro Igor Urrutikoetxea, de LAB

Finou o compañeiro Igor Urrutikoetxea, de LAB

6

O compañeiro Igor Urrutikoetxea, responsable de Internacional do sindicato irmán LAB finou esta mañá en Brasil.
Especialmente próximo a Galicia e á nosa Central -de feito, participara no noso IV Congreso- o compañeiro Igor Urrutikoetxea, Igor, foi sempre un exemplo de compromiso e traballo incansable a prol da causa da liberación social e nacional do proletariado vasco que perde hoxe un dos seus mellores militantes.Desde a Central Unitaria de Traballadores/as queremos expresar o noso pesar á familia de Igor e aos compañeiros de LAB ante esta perda que sentimos como propia.Igor ez ahaztu dugu!Venceremos nós!