Elección nova Executiva Comarcal en Compostela

Elección nova Executiva Comarcal en Compostela

24

O vindeiro venres 29 de novembro, terá lugar, no local do sindicato no Sar, a elección da nova Executiva Comarcal da CUT en Santiago de Compostela tal e como corresponde facer logo da celebración do V Congreso Nacional do noso Sindicato.
A orde do día prevista consta de catro puntos:1. Dimisión da Executiva comarcal actual.2. Elección de Mesa da Asemblea.3. Debate e valoración do traballo comarcal.4. Elección de Executiva e Secretaría Comarcal.A Executiva Comarcal da CUT en Compostela prégalle a súa afiliación a súa asistencia a este acto como un xeito de dotalo da maior lexitimidade democrática posible.