Ampla asistencia á manifestación de Vigo en defensa das pensións

Ampla asistencia á manifestación de Vigo en defensa das pensións

5

Ás oito da tarde arrancaba a manifestación convocada pola CUT e os sindicatos CGT, SF-Intersindical, STEG e S.Elevación en Vigo. As máis de mil persoas asistentes durante o percorrido corearon distintas consignas nas que se esixía ao goberno a inmediata paralización da campaña de acoso aos nosos/as xubilados/as da emigración.

Na faixa de cabeceira co lema “SALVEMOS AS PENSIÓN” ían os representantes das cinco organizacións sindicais convocantes. Ó remate da mobilización na Porta do Sol, un compañeiro leu, en nome das diversas organizacións convocantes da manifestación, un manifesto alusivo a necesidade da defensa das pensións, fronte á nova reforma que planificada polo goberno antipopular do PP.

Para ver máis imaxes da manifestación do 21 de novembro en Vigo, pódese consultar aquí.Galiza Contrainfo fixo un vídeo desta manifestación que se pode ver aquí.