A CUT maniféstase en defensa das pensións

A CUT maniféstase en defensa das pensións

9

O pasado sábado 9 de novembro a CUT, en compaña da CXT e a CNT, saíu á rúa nas principais cidades galegas para protestar contra o espolio ás pensións dos nosos/as xubilados/as emigrantes que o actual goberno da Xunta, presidido por Feijoo, pretende levar adiante ao mesmo tempo que o goberno de Rajoy en Madrid vén de lle conceder unha escandalosa amnistía fiscal a moreas de defraudadores/as de clase alta que tiñan os cartos agochados en paraísos fiscais.
Este tipo de medidas amosan, unha vez máis, o verdadeira natureza da sucursal galega da dereita española, quen non cede na súa longa campaña clasista, machista e españolista encamiñada a facer do noso país unha praia madrileña poboada de man de obra barata e submisa. Reclamamos, pois, o cese da persecución dos nosos xubilados/as.
Viva a loita obreira!