Concentración dos traballadores da TVG en contra do peche de RTVV

Concentración dos traballadores da TVG en contra do peche de RTVV

13

Os traballadores da TVG en San Marcos, Santiago de Compostela, concentráronse esta mañá á entrada das instalacións da televisión pública galega en sinal de protesta polo peche da única canle de información pública en valenciano, RTVV, e o  despedimento de mais de mil traballadores e traballadoras desta empresa.
A manipulación sistemática e partidista da información, o nepotismo nas contratacións e a mala xestión dos recursos económicos dispoñibles foron as verdadeiras causas do peche da televisión valenciana, que vén a coutar, aínda máis, o dereito constitucional dos cidadáns daquel país a ter acceso a unha información o máis obxectiva e contrastada posible na súa propia lingua, tal e como manifestaba onte a presidenta do Comité Interempresas da TVG, Raquel Lema nas súas declaracións ao xornal dixital Praza Pública.A Central Unitaria de Traballadores/as quere amosar a súa solidariedade cos traballdores e traballadoras da televisión pública valenciana, e esixir a reapertura inmediata da TVV en condicións que fagan viable a súa continuidade a longo prazo e que garantan o dereito constitucional á información e pluralidade informativa.