TSolar: un peche, unha vitoria, unha loita que continúa.

TSolar: un peche, unha vitoria, unha loita que continúa.

11

Ás 11.30 horas da mañá deste xoves, cando se cumpren 129 días de encerro na fábrica de T-Solar, no polígono de San Cibrao das Viñas, levarase a cabo o levantamento do peche. Despois dun proceso asemblear, as traballadoras e traballadores en loita decidiron marcar na súa axenda novos obxectivos sindicais, ao tempo que cualificaron como un éxito o peche, tanto pola súa firmeza, como pola efectividade á hora de paralizar o desmantelamento da fábrica de paneis solares.As tres razóns que esgrimen para abandonar o peche son a garantía da paralizacióndas obras de desmantelamento, que serán aseguradas a partires de agora con quendas de vixía, a súa indisposición a seguir pagando costas xudiciais dunha xustiza deseñada para os ricos e contra a clase traballadora, e a necesidade de se organizar xa fóra da fábrica para incidir sobre a principal responsábel de querer poñerlle o pecho á nave: a Xunta de Galiza.As traballadoras e traballadores cualificaron de éxito o peche por ter posto contra as cordas á Administración galega, mais sobre todo por ter servido de exemplo en toda á provincia de que a través da loita obreira organizada se poden ir conseguindo obxectivos que de partida semellaban imposíbeis. Así tamén, amais desta dimensión pedagóxica, este peche serviu para socializar debates encol da desastrosa política industrial do Partido Popular, que financia con impresionantes liñas de crédito ás multinacionais ao tempo que lle vira as costas ás 170 traballadoras e traballadores que condenados a perderen, deste xeito, os seus postos de traballo.Comunicaron tamén a súa disposición a continuar loitando coa vista posta na Asemblea Xeral de Acredores do 18 de decembro, na que a Xunta terá a principal responsabilidade, e se sospeita que será a que decida finalmente o destino do concurso de acreedores no que a empresa está envoltaA CUT manifesta amplamente a súa satisfacción polos éxitos acadados, e a súa vontade de acompañar o proceso de loita destas traballadoras e traballadores, nunha loita sindical que a CUT apoia completamente.A loita continúa!Viva a loita das traballadoras e traballadores de T-Solar!