Nota de prensa do Comité Interempresas da CRTVG, TVG e RTG

Nota de prensa do Comité Interempresas da CRTVG, TVG e RTG

10

O Comité Interempresas da CRTVG, TVG e RTG manifesta a súa total solidariedade cos traballadores e traballadoras da Radiotelevisió Valenciana (RTVV) e o seu rotundo rexeitamento ao anuncio da Generalitat de pechar un servizo público concibido para satisfacer o dereito constitucional á información e a defensa da identidade cultural e lingüística dos pobos do Estado español. Este Comité considera que a decisión adoptada polo goberno valenciano de pechar ese medio de comunicación é tamén un grave atentado contra unha decisión xudicial que viña de anular un expediente de regulación de emprego no que a dirección da RTVV vulnerou os dereitos fundamentais dos empregados e empregadas públicas ao servizo do ente, como establece a sentenza.Para o Comité Interempresas da CRTVG, TVG e RTG o Partido Popular de Valencia tenta trasladarlle aos profesionais da comunicación da RTVV a responsabilidade dunha neglixente xestión que provocou un enorme endebedamento do medio co único obxecto de satisfacer intereses privados e partidistas.A representación sindical da CRTVG aprecia na decisión do Goberno valenciano  indicios de silenciar a realidade informativa que ten a obriga de evidenciar os abusos dos políticos populares nesa comunidade, como demostra o feito de que cando a xustiza considera que non se pode facer un expediente de regulamento de emprego  baixo criterios nepotistas e partidistas a solución adoptada é o peche total dun servizo público.O Comité da CRTVG vai convocar concentracións en todos os seus centros de traballo para manifestar o seu rexeitamento á decisión de pechar un medio de comunicación público e en solidariedade cos traballadores e traballadoras da Radiotelevisió Valenciana.San Marcos a 6 de novembro de 2013.