Hoxe nova Folga Xeral en Grecia

Hoxe nova Folga Xeral en Grecia

5

Hoxe, 6 de novembro, os sindicatos gregos teñen convocada á clase traballadora dese país a unha nova xornada de Folga Xeral. Desde este portal diciamos fai uns días, que estamos ás portas do 14 de novembro e as corporacións sindicais españolas, por chamarlles algo, seguen sen falar da Folga Xeral.
Pola contra, no país heleno coa xornada de hoxe, fan Folga Xeral número dezasete nos últimos tres anos. As razóns para a dinámica de loita obreira en Grecia son as mesma que as nosas e,porén, no estado español, coa excepción de Euskai, a paz social impera na rúa.Grecia hoxe vai á Folga Xeral nun escenario cruel non so para a clase traballadora, senón tamén para todos os sectores populares. Ao desemprego rampante, hai que engadirlle os recortes drásticos na sanidade, salarios de trescentos euros para aquelas persoas que aínda traballan, pensións rebaixadas á metade, despedimento masivo de funcionarios públicos, etc.Desde a CUT queremos transmitirlle ao sindicato PAME de Grecia, a nosa solidariedade fraternal coa clase traballadora grega e o noso apoio sen condicións á xornada de Folga Xeral que se está a desenvolver hoxe.Viva a loita obreira!Viva a Folga Xeral!