Xixón: un paso adiante na convocatoria da Marcha pola Dignidade

Xixón: un paso adiante na convocatoria da Marcha pola Dignidade

6

Como xa temos adiantado, onte luns celebrouse en Xixón unha xuntanza de varias organizacións sindicais convocadas SAT de cara á convocatoria da “Marcha da Dignidade” a Madrid do vindeiro 22 de marzo. Estiveron presentes todas as organizacións convidadas. De Euskal Herria, ELA, LAB e ESK; de Galicia CUT e CIG, a IAC de Catalunya, a CSI de Asturias e, loxicamente, propio o SAT de Andaluz.

A presenza de todas as organizacións sinaladas e o propio formato da xuntanza, sería practicamente impensable fai un ano. E é evidente que a autoridade moral do SAT -gañada após ano enteiro de mobilización permanente que fo quen romper o silencio mediático sobre a loita obreira- fixo posible que nos sentáramos na mesma mesa, sindicatos de distintos tamaños e perfís. Todo un paso adiante na construción da necesaria unidade do sindicalismo alternativo e clasista. Se ben é certo que o criterio xeral de todas e cada unha das organizacións foi o de darlle o visto bo á convocatoria iniciada polo SAT, acordouse tamén que cada un dos sindicatos terá os seus tempos para procesar e acordar nos seus respectivos executivos órganos a decisión final para esta mobilización do 22-M. Non é doado vencer á primeira e nunha soa xuntanza, criterios, traxectorias e culturas sindicais distintas, incluso ás veces marcadas por reticencias e prexuízos.Malia estar pendentes aínda algunhas xuntanzas con outros sindicatos do estado español, o acordo provisional da xuntanza do luns en Xixón ha favorecer, sen lugar a dúbida, a adhesión do resto das organizacións do ámbito sindical de esquerdas a participaren na “Marcha da Dignidade”. Desde a CUT confiamos en que non xurdan sorpresas en negativo, e que o proceso iniciado siga adiante con firmeza.Viva a loita obreira!