A CUT apoia o día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia

A CUT apoia o día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia

8

Somos un país conquistado e, como tal, o noso dereito a vivirmos na nosa propia lingua énos conculcado cada día mediante a imposición, acelerada nestes anos do feijoato, dunha lingua estranxeira introducida no noso país pola forza: o español.
Os cemiterios son outro deses lugares de onde o galego foi expulsado grazas ao papel da igrexa galega, abertamente españolista e colaboradora co proxecto imperialista castelán. Por este motivo, a Central Unitaria de Traballadores/as esixe a eliminación de calquera atranco que impida o uso normal do galego nestes ámbitos, e reclama o noso dereito a sermos soterrados nunha cerimonia civil oficiada na nosa propia lingua.