Encontro sindical en Xixón

Encontro sindical en Xixón

8

O próximo luns catro de novembro, a CUT estará presente en Xixón nunha convocatoria feita polo SAT de Andalucía co fin de coordinar a participación dos distintos sindicatos na chamada Marcha pola Dignidade. Esta mobilización parte dunha proposta feita polo SAT a todos os sindicatos de clase e alternativos, así como aos distintos movementos sociais do estado español de carácter antisistémico. 
A marcha, organizada en varias columnas que partirán de diversos territorios do estado español, ten previsto chegar a Madrid o 22 de marzo do ano que vén. O chamamento a participar nesta mobilización, que se fará público en base a un decálogo consensuado por todas as organizacións convocantes, basearase na reivindicación común de pórlle freo ás políticas antiobreiras do PP e a esixencia dun cambio de réxime. Nesta xuntanza de Xixón esta prevista a presenza –ademais da do SAT en calidade de organización convocante- dos sindicatos LAB, ESK, e ELA de Euskal Herria; CSI de Asturias; IAC de Catalunya e da CUT E a CIG de Galicia. Segundo a información dispoñible nestes momentos, todas estas organizacións confirmaron xa a súa asistencia.