A CUT contra a LOMCE

A CUT contra a LOMCE

11

A Central Unitaria de Traballadores/as apoia a Folga Xeral no Ensino do dia 24 de outubro contra a LOMCE por considerar que esta lei consolida os recortes en educación, convertendo este dereito fundamental nun ben de consumo máis, que fortalece a actual división clasista da sociedade.Tamén supón unha maior centralización no deseño do currículum educativo co fin de favorecer o adoutrinamento na ideoloxía nacional-católica e españolista que guía os pasos do ministro Wert.Por último, consideramos esta medida regresiva no que atinxe ao obxectivo de avanzar cara a unha educación non sexista, aumentado o rol da Igrexa nos centros, así como a segregación racial nas aulas.Por un ensino público, universal, gratuíto e de calidade, a CUT di: NON Á LOMCE!