Celebrado o V Congreso da CUT

Celebrado o V Congreso da CUT

5

Nesta asemblea, celebrada en Santiago de Compostela o pasado 19 de outubro, a Central Unitaria de Traballadores/as confirmamos a nosa vontade de seguir practicando, no contexto da actual crise económica do Capital, un sindicalismo de clase, nacional, antipatriarcal, asemblear e combativo, ceibe de subvencións e servilismos coa Patronal.Informe de XestiónSegundo os textos aprobados neste Congreso, a CUT considera que o Capital, a través dos obedientes xestores nos Estados, está a aproveitar o actual contexto de crise sistémica para lanzar o maior ataque coñecido ata o de agora contra os dereitos da clase traballadora, autorizando o despedimento libre, desmantelando servizos públicos esenciais como a sanidade e a educación ou rebaixando a contía das pensións  ata un nivel de miseria, entre moitas outras medidas regresivas.No estado español, o goberno de Zapatero amosou a total complicidade da chamada socialdemocracia española cos designios do Capital expresados pola Troika. Unha política que foi continuada sen maiores cambios de rumbo polo actual goberno de Rajoy que, anegado nunha multitude de casos de corrupción, vén de imporlle á clase traballadora española o pago das perdas contraídas polos bancos tras o estoupido da chamada burbulla inmobiliaria.Neste panorama adverso, a CUT non fomos quen de se dotarnos, ao longo destes catro anos, das ferramentas organizativas precisas para lle dar a resposta necesaria a estas continuas agresións, a pesar de amosar unha alta capacidade de mobilización e combate que deixaron moitas veces en evidencia a pasividade e dimisión xeral nas súas funcións das grandes centrais sindicais, completamente mansas e cómplices da Patronal. Este alto grao de compromiso na loita sindical valeunos tamén un forte aumento da represión, quer da policía, mediante numerosas multas e sancións, quer nos centros de traballo, con reiteradas persecucións das persoas que levan a mensaxe da CUT ás empresas. Neste sentido manifestamos a nosa vontade de ampliar e mellorar a nosa organización interna, favorecendo, no posible,a creación de órganos colexiados.Nación, xénero, socialismo.

En todo o proceso congresual, que comezou hai case un ano, a CUT analizou a problemática da sometemento colonial de Galicia a España como outro dos factores que inciden no empeoramento da situación da clase obreira galega, levando ao peche sectores estratéxicos como o mar ou o naval,ou encetando obras faraónicas como o AVE que non responden ás necesidades reais dos traballadores e das traballadoras galegas, senón a espurios intereses especulativos. Desde CUT tamén nos manifestamos a prol dun ensino público, gratuíto e en galego, que faga fronte á campaña de españolización crecente do noso país levada a cabo polo goberno Feijoo.

Nos textos aprobados, a CUT fai expresa a súa vontade de pular pola construción dunha sociedade sen clases mediante a mobilización continua dos traballadores e traballadoras, un horizonte de emancipación que resulta aínda máis urxente e necesario na actual crise económica que amosa a natureza inhumana e asasina do Capital.Un dos feitos máis relevantes do pasado congreso da CUT foi o da asunción plena da loita antipatriarcal entre os nosos obxectivos estratéxicos, denunciando as recorrentes desigualdades e asimetrías nas condicións laborais de mulleres e homes, así como a precarización e feminización do chamado traballo doméstico, e a intromisión crecente da Igrexa católica na lexislación que atinxe ao corpo das mulleres. Esta inclusión, froito do traballo realizado pola Secretaría das Mulleres creada hai catro anos, vén a visualizar o compromiso de todo o corpo afiliativo coa loita feminista sempre desde unha óptica de clase e emancipadora.ConclusiónsMáis que nunca, a actual crise económica estrutural do Capital e proceso de descomposición do estado español poñen de manifesto a necesidade dunha organización obreira galega de clase, asemblearia, antipatriarcal, combativa e non subsidiada como é a Central Unitaria de Traballadores/as. Un sindicato unido e cohesionado capaz de facer fronte aos enormes retos que se aveciñan, capaz de se constituír como un elemento máis dentro da posibilidade revolucionaria.O congreso da CUT rematou coa escolla da comisión de Garantías e da nova Executiva formada por sete compañeiros e compañeiras Churum Romero, Xan Carlos Enríquez, Ana Olveira, Maruchi Álvarez, Pancho Niño e Alberte Lema e do novo Secretario Xeral: Manolo Camaño Fandiño.Viva a Central Unitaria de Traballadores/as! Viva a loita obreira!Accede AQUÍ á galería de fotos do noso V Congreso.