Semana Galega de Loita contra as Fronteiras

Semana Galega de Loita contra as Fronteiras

5

A Semana Galega de Loita contra as Fronteiras, conducida polo Foro Galego de Inmigración e coorganizada por diversas entidades sociais, converte o aniversario da entrada en vigor do Real Decreto 16/2012, que deu en retirar o dereito á asistencia sanitaria ás persoas migrantes en situación irregular, nunha semana de reivindicacións que percorre con diferentes iniciativas o corpo do País.A denuncia do medo e da división como mecanismo de control e disciplinamento da sociedade, a denuncia de todas e cada unha das fronteiras (as dos pasos fronteirizos e aduanas até mesmo as prácticas institucionais e policiais internas dos propios Estados), ou a denuncia do acceso diferencial ao sistema de dereitos sustentan a necesidade dunhas xornadas que se celebrarán do 21 ao 25 de outubro.

.PROGRAMA.

LUNS 21 VIGO

20:00hs Presentación do libro “¿Qué hacemos con las fronteras?” co co-autor Eduardo Romero C.S. Cova dos Ratos. R/ Romil, 3.

MARTES 22 COMPOSTELA

11:00hs. Acto público e rolda de prensa. Edif. Admnistrativo San Caetano.

20:00hs Coloquio “Fronteiras. Diferentes dispositivos, mesma función. Políticas migratorias e exclusión de dereitos”. Aula Castelao, Facultade de Medicina. Con Eduardo Romero e Ana Mateo. Presenta Sandra Flores (Foro Galego da Inmigración) e Liga Estudantil Galega.

MÉRCORES 23 OURENSE

20:00hs Presentación do libro “¿Qué hacemos con las fronteras?” co co-autor Eduardo Romero. Libraría Torga. R/ Paz, 2.

XOVES 24 CORUÑA

20:00hs Presentación do libro “¿Qué hacemos con las fronteras?” co co-autor Eduardo Romero. Casa Museo Casasares Quiroga. R/ Panadeiras, 12.

VENRES 25 FERROL

20:00hs Coloquio “Fronteiras. Diferentes dispositivos, mesma función. Políticas migratorias e exclusión de dereitos”. Con Eduardo Romero e Carlos Piñeiro (profesional SERGAS). Presenta Maite Bustamante.

Proxección do documental “Viaje al Edén”.

Organizan: Foro Galego da Inmigración, Raias Traveseiras, Grupo de Axitación Social, ODS-Coia,Liga Estudantil Galega.