Crónica da experiencia de loita en Urbaser Redondela

Crónica da experiencia de loita en Urbaser Redondela

9

En tempos duros para o conxunto da clase obreira, cómpre parabenizarnos e aprender dos triunfos conseguidos a través da unión e da firmeza nos principios. Velaquí a crónica achegada polos compañeiros de Urbaser Redondela sobre a súa experiencia de loita en defensa dun convenio digno.Agardamos que este relato dea folgos as traballadoras e traballadores do sector da limpeza na Coruña que preparan unha nova folga xeral para o 5 de outubro.

Unha vez máis, a CUT como derradeira alternativa

Despois de case cinco anos sen convenio en Urbaser Redondela, grazas aos paus metidos pola empresa nas rodas do carro negociador, dicir que o último convenio fora asinado despois dunha longa e dura folga de case medio mes, un grande desgaste para a unidade do grupo e o ánimo emocional dos compañeiros, na que os traballadores nos atopamos desamparados de calquera apoio político, pero co apoio popular e de asociacións cidadás de distinto carácter, o que demostra unha vez máis a vontade e sensibilidade do pobo por diante das actitudes políticas, supostamente de esquerdas. Sendo o Concello o pagador, a través do diñeiro aportado polo contribuínte, non se querían facer responsábeis desa concesionaria, desmarcábanse descaradamente, e incluso presionaban os traballadores para que desistisen nas súas reivindicacións polo ben de todos e todas. Unha razón máis para a volta á municipalización deste tipo de servizos.

No 2007 o noso delegado era da CUT, logo de botarmos fóra ao da UXT (o encargado, casualmente) por aplastante maioría. Nos anos seguintes á folga, os esquirois foron premiados con postos de confianza, contratos indefinidos e demais privilexios. E, acto seguido, a empresa comezou unha campaña interna de chismes, desconfianzas, falsidades, sancións e rivalidades entre compañeiros que remataron por destruír o grupo maioritario, quedando só un grupo moi reducido de afiliados da CUT, aguantando ventos e mareas, vendo como os nosos compañeiros se comían entre eles, tal e como o planexaran desde a “oficina”, e levándose por diante tamén a credibilidade do noso delegado e da CUT. Case que podemos velos rir e frotar as mans de satisfacción…

Viñeron novas eleccións sindicais e a patronal recolleu os seus froitos, unha victoria aplastante da UXT (incluso con votos de afiliados da CIG), voltando así o encargado como delegado. Toda esa xente pensaba que o fracaso da negociación e da situación actual era debido a mala xestión do delegado e da CUT. Pero abondaron tan só uns meses para que o persoal, incluído o propio delegado da UXT, caera da burra e batera de fronte coas manobras da patronal, que ensinaba propostas mareantes do boas que eran, pero espellismos no deserto. A CUT nunca fora o problema, quedoulles clariño.Recorreron entón a nós, ao noso carácter loitador e incorruptíbel, comezamos a presión até conseguirmos que o delegado renunciase ao seu cargo. Entramos nós, a CUT.

Houbo un cambio total de actitude dos compañeiros, ata os máis pelotas e amarelos estaban fartos dos desprezos, o respaldo era absoluto, a empresa era consciente. Nese tempo Urbaser estaba en boca dos medios, por folgas e avisos de folga: Vilalba, Jerez, Santiago de Compostela, etc Mantivemos conversas cos compañeiros e compañeiras da CUT de Compostela, con asociaciacións de veciños e veciñas, co Alcalde, con colectivos, todo para poñer de manifesto e explicar a nosa inxusta situación. Conseguiuse que os compañeiros perderan ese medo infundado a defender o seu, e reclamar os seus dereitos.

O resultado? En catro meses asinamos un convenio satisfactorio para todos, incluso atrevémonos a dicir que bo, vendo o contexto xeral de recortes e perda de dereitos. Unha cousa a destacar é que nen fixo falla unha votación para que a asemblea de traballadores o aprobase, sintomático, non? Dicilo é sinxelo, pero en cada negociación coa patronal pesaba a CUT (máis do que pensamos), un traballo de colocar faixas nas rúas e pontes do concello, coas asociacións de veciñas e veciños, cos colectivos, ir ao Concello falar do noso problema e, sobre todo, a unión dos traballadores diante do abuso e desprezo da empresa. Cando da súa boca saíron cousas como que asinariamos “calquera merda” subestimaron o poder de aguante da xente. Desta vez non había medo a dar a cara e a ter asembleas no centro de traballo, baixo a atenta mirada das cámaras de seguridade.

Un triunfo da clase traballadora co apoio da CUT. O covenio gañouse pola actitude dos traballadores que deron a cara e a súa total confianza á CUT, ao seu delegado e asesores.

Viva a CUT e a clase traballadora.

Nota: Aquí falamos en masculino por non ter, entre nós, compañeiras de traballo, non por falla de sensibilidade cara a muller.

Normal 0 21 false false false MicrosoftInternetExplorer4

Despois de case cinco anos sen convenio en Urbaser Redondela, grazas aospaos metidos pola empresa nas rodas do carro negociador, dicir que oúltimo convenio fora firmado despois dunha longa e dura folga de case mediomes, foi un gran desgaste para a unidade do grupo e o ánimo emocional doscompañeiros, na que os traballadores nos atopamos desamparados de calqueraapoio político, (falo en masculino porque entre nós non temos compañeiras detraballo, non por falla de sensibilidade cara a muller), pero si co apoiopopular e de asociacións de distinto carácter, no que se demostra unha vez máisa vontade e sensibilidade do pobo por diante das actitudes políticassupostamente de esquerdas, sendo o Concello o pagador, a través do diñeiroaportado polo contribuinte, non se querían facer responsabeis desaconcesionaria,  desmárcanse descaradamente, e incluso presionan aostraballadores para que desistan nas súas reivindicacións polo ben de todos etodas. Unha razón máis para a volta á municipalización deste tipo de servizos.
No 2007 o noso delegado era da CUT,  logode votar fora ao da UXT por aplastante maioría, que  casualmente era oencargado.
Nos anos seguintes a folga, os esquirois foron premiados con postos deconfianza, contratos indefinidos, privilexios,  etc. E acto seguido a empresa comezou unhacampaña interna de chismes, desconfianzas, falsedades, sancións e rivalidades entrecompañeiros que remataron por destruir ao grupo maioritario, quedando só ungrupo moi reducido de afiliados da CUT, aguantando ventos e mareas, vendocomo os nosos compañeiros se comían entre eles tal e como o planexaran desde a”oficina”, e levándose por diante tamén a credibilidade do nosodelegado e da CUT, case que os podo ver rir e frotar as mans desatisfacción…
Viñeron novas eleccións sindicais e a patronal recolleu os seus froitos, unhavictoria aplastante da UXT (incluso con votos de afiliados da CIG) voltandoasí o encargado como delegado. Toda esa xente pensaba que o fracaso danegociación e da situación actual era debido a mala xestión do delegado e daCUT. Pero bastaron tan só uns meses para que a xente, e incluído o propiodelgado da UXT, caeran da burra e bateron  de fronte contra asmanobras da patronal, que ensinaban propostas mareantes do bó que eran,pero eran espellismos no deserto… a CUT nunca fora o problema, quedoullesclariño.

Recurriron entón a nós, ao noso carácter loitador e incorruptible, comezamos a presión ata conseguirmos que o delegado renunciaseao seu cargo, entramos nós, a CUT.

Houbo un cambio total de actitude dos compañeiros, ata os máis pelotas eamarelos estaban fartos do desprecio da empresa, o respaldo era absoluto, aempresa era consciente.

Nese tempo Urbaser estaba en boca dos medios, por folgas e avisos de folga,Vilalba, Jerez, Santiago de Compostela, etc

Nós mantivemos conversas cos compañeiros e compañeiras da CUT de Compostela,con asociaciacións de veciños e veciñas, co  Alcalde, con colectivos, todo para poñer demanifesto e explicar a nosa inxusta situación.

Conseguíuse que os compañeiros  lleperderan  ese medo infundado a defender oseu, e  reclamar os seus dereitos.

En catro meses firmamos un  conveniosatisfactório para todos, incluso me atrevo a dicir que bó vendo o contextoxeral de recortes e perda de dereitos. Unha cousa a destacar é que nen fixofalla unha votación para que a asemblea de traballadores o aprobara,sintomático,non? Dicilo é sinxelo, pero en cada negociación coa patronal pesabaa CUT,  (máis do que pensamos), untraballo de colocar faixas nas rúas e pontes do concello, as  A.A. deV.V, os colectivos, ir ao Concello a falar do noso problema, e sobre todo aunión dos traballadores diante do abuso e desprezo da empresa, (cando da súaboca sairon cousas como que firmaríamos calquera merda) subestimáron o poder deaguante da xente, desta vez sen medo a dar a cara, e a ter asembleas no centrode traballo , baixo a atenta mirada das cámaras de seguridade…

Un triunfo da clase traballadora co apoio da CUT.

En resumo: o covenio gañouse pola actitude dos traballadores que deron acara e a súa total confianza a CUT,  aoseu delegado e asesores.

Viva a CUT e a clase traballadora.