A CUT coa clase traballadora de Palestina

A CUT coa clase traballadora de Palestina

8

A CUT participou dunha delegación internacional que visitou a Franxa de Gaza (Palestina). No ámbito da representación sindical, tamén estiveron presentes os sindicatos LAB de Euskal Herria e IAC de Catalunya. A nosa organización estivo representada polo compañeiro Manolo Camaño, Secretario de Relacións Internacionais.Durante os días que durou a visita, a delegación internacional participou de diferentes encontros, con distintos colectivos de traballador@s e institucións do pobo palestino. Habería que destacar os distintos actos en escolas, hospitais ou coa xuventude. Tamén se celebrou unha recepción no Parlamento e nunha municipalidade de Gaza.A CUT aproveitou a visita para establecer un acordo co sindicato ILCU, a través do cal formalizouse as relacións entre as dúas organizacións. O sindicato ILCU é unha central sindical de clase que aglutina aos segmentos máis dinámicos da clase traballadora e conta co apoio político de todo o espectro da esquerda palestina; FPLP, FDLP e PPP. Ten na actualidade máis de nove mil afiliados, tendo presencia en todolos ámbitos da producción, os servicios e a agricultura. Na paisaxe sindical palestina tamén existen a UGTP, moi minorizada e arrastrada polo desprestixio de Al Fatha e outra organización vinculada ó partido islamista Hamas.A Franxa  de Gaza é un territorio de aproximadamente 360  quilómetros cuadrados, onde na actualidade viven un millón e medio de palestin@s. Quedou establecido nos acordos de repartición de 1948. Despois do abandono británico, estivo ocupado por Exipto e o Estado sionista de Israel. Este territorio é gobernado desde o ano 2007 polo grupo Hamas, que mantén unha posición de desafío con Al Fatha, o grupo político historicamente maioritario. Esta división política e territorial venlle a engadir máis complexidade á causa do pobo palestino.Durante esta visita, a CUT participou da celebración dos actos do 1º de Maio, coa central sindical ILCU, que na actualidade ten un estatus de tolerada, aínda que non é unha organización legal. Durante os mesmos, o noso compañeiro Manolo Camaño, transmitiu á Executiva de ILCU e @s traballador@s participantes, o compromiso da CUT e da clase traballadora galega coa causa palestina.