Pescanova, devolverlle a voz á clase traballadora

Pescanova, devolverlle a voz á clase traballadora

11

Diante das distintas informacións que nos últimos días, veñen tendo eco en distintos medios de comunicación, de boca de “representantes dos traballadores” ou de distintos “representantes sindicais”, a CUT sen pretender criticar nin inmiscuírse na liña informativa de ningún medio, quere aclarar o que segue:1º.- A CUT é un sindicato presente nas empresas do grupo. Nin máis nin menos representativo que calquera outro. Representación que emana da súa afiliación en diversas empresas do grupo (pesca, loxística, acuicultura e transformación). Ademais ten representación sindical na empresa matriz, Frivipesca Chapela, S.A. (antes Pescanova Chapela), en Frinova, e Frivipesca (loxística) en Chapela e Porriño. Aínda así, consideramos que as nosas opinións sobre o escándalo Pescanova, son opinións, exclusivamente da nosa central sindical e en ningún caso nos podemos arrogar falar en nome do colectivo.2º.- Consideramos que aqueles que fai un mes, rendéronlle pleitesía ó Sr. Fernández de Sousa, na bochornosa comparecencia á prensa sen admiitir preguntas na explanada de Chapela, están inhabilitados para falar en nome do colectivo, porque xa falaron en nome da empresa, aínda que se escondan na abstracción de “representantes dos traballadores” ou nunha bata branca.3º.- Como a CUT dixo na nota de prensa anterior, esta central sindical mantivo durante un mes, prudencia á hora de facer valoracións públicas sobre o escándalo Pescanova. Porque xamais nos moverá a motivación protagonista a costa da desgracia dos traballador@s, sobre todo para afirmar incongruencias, para o día seguinte dicir o contrario. 4º.- No conflito que nos ocupa, so @s traballador@s poderán defender os seus dereitos, con unha posición de clase valente e honesta. Do contrario as políticas sindicais para axeonllarse, onte diante de D.Manuel, e mañá diante do novo tabeirón de turno, levarán a arrasar os xa precarios dereitos d@s traballador@s.