Xornada de presentación e debate da mocidade da CUT

Xornada de presentación e debate da mocidade da CUT

6

As mozas e mozos da CUT organizamos este Xoves 18 na Facultade de Economía e Empresa (Campus de Elviña) da Coruña unha xornada de presentación e debate cas mozas e mozos de sindicatos estudantís de cara a coñecérmonos, establecer e afortalar redes entre mocidade activista obreira e estudante na cidade da Coruña, analisar o contexto de precariedade que vive a mocidade galega e barallar estratexias de resposta. A este encontro acudirán as organizacións estudantís e persoas independentes que constitúen a Plataforma UDC en Loita, mais, coma non podía ser doutro xeito está aberto a todas as persoas que desexen participar desta xornada.Prentendemos pois con ista actividade, ó igual que o fixemos coa presentación do Estudo da Renda Básica en Galiza o pasado mes de xaneiro, continuar a liña que nos marcamos na Asamblea da CUT da Coruña de afianzar lazos con organizacións que loitan pola transformación social noutros ámbitos, traballar codo con codo con elas e artellar respostas conxuntas ó contexto actual de precariedade laboral e estudantil, desmantelamento de servizos públicos, recurte dos nosos dereitos e das nosas vidas e, en definitiva, contribuír ó artellamento dun polo social que resposte nas rúas ás agresións do capital.

Comezaremos esta xornada ás 18.30 co seguinte formato:De 18.30 a 19.30: Presentación do modelo de sindicalismo da CUT, do traballo que desenvolvemos, o papel da mocidade no sindicato e, así mesmo, presentación tamén das organizacións e persoas que participan da Plataforma UDC en Loita para coñecer o traballo mutuo e compartir experiencias.

De 19.30 a 21.30: Debate: “A precariedade laboral e estudantil na mocidade galega. Estratexias de resposta. Movemento estudantil e movemento obreiro ¿posibilidades de artellamento?”

Acude e difunde!