Asientos de Galicia (Faurecia) denunciada

Asientos de Galicia (Faurecia) denunciada

9

O Comité de traballadores e traballadoras de FAURECIA, vén de interpor denuncia en Inspección de Traballo, o pasado 5 de febreiro, contra as prácticas da empresa que antentan contra a seguridade e saúde do plantel. Os delegados de riscos levan avisando tempo das continuas anormalidades nas zonas de traballo, anormalidades ás que se suma o ritmo de traballo frenético que favorecen accidentes que serían evitábeis de teren a empresa un mínimo de consideración cara os traballadores e traballadoras. Así, no que vai de ano houbo atropelos con carretillos, escordaduras, golpeos con ferramentas, cortes…e un claro empeoramento da ergonomía nos postos.Ante esta situación, o Comité denuncia en Inspección como paso previo a outras accións. Non imos consentir a nosa degradación laboral, física e moral mentres eles seguen acumulando ganancias.