10 de Marzo, unha data para recuperar

10 de Marzo, unha data para recuperar

6

Ano 72 do século XX, 10 de marzo, venres, ditadura fascista golpeando de pleno, crise do capital (unha máis), comezo do pensamento neoliberal, a policía (sempre do poder, sempre contra nós) dispara as súas armas contra o pobo traballador, e nel estaban Daniel e Amador, entre el foron mortos.Esta data converteuse nun acto de memoria para cos compañeiros Daniel e Amador, pero sobre todo cara o que representan: a dignidade da loita da clase traballadora, a resistencia fronte aos ataques do capital. Nos últimos anos a memoria foise transformando nun acto simbólico sen reflexión político sindical, e Daniel e Amador foron arrodeados de flores por aqueles que estaban a ensuciar o que representan. Vaciando de contido esta data, pensaban algúns, que ían borrar o porque da súa loita, pensaban que así iamos comungar coas traizóns do pactismo e crer na benevolencia do capital. E todo parecía irlles ben aos mentireiros e traidores ata que o capital petou na mesa cunha nova crise e dixo “quero máis e vós ides darmo”. Dende ese ano 2008 non cesaron os recortes laborais, sanitarios, educacionais, a feminización da pobreza, a criminalización dos inmigrantes, o empobrecemento da clase traballadora, a represión… a construción en fin do paraíso capitalista.Ano 13 do século XXI, todos os días, neofascismo con careta de democracia golpeando de pleno, crise do capital (do sistema), eclosión do neoliberalismo, a policía coma sempre dispara as súas armas e as súas porras democráticas (hai para todos e todas) contra o pobo traballador, e nel xa non están Daniel e Amador pero estamos e estaremos nós, e en nós tamén iran eles porque cada un e cada unha de nós somos clase traballadora porque eles o foron e seremos clase traballadora porque outros e outras o serán.A mellor honra á memoria de Daniel e Amador será que o pobo traballador galego axunte todas as súas forzas nunha soa e convirta esta soberbia da ditadura do capital na mellor arma contra eles mesmos. Seremos quen de sacar a nosa rabia e a nosa razón para non darlles tregua: a súa legalidade é ilegal, os seus instrumentos políticos son ilexítimos, as súas razóns son a barbarie. Eles nun lado, nós no contrario; o seu futuro a derrota, o noso a vitoria.VIVA O 10 DE MARZO, VIVA A CLASE TRABALLADORA GALEGA!!AMADOR E DANIEL, SEMPRE CON NÓS!!