Comezaron as concentracións semanais en Vigo

Comezaron as concentracións semanais en Vigo

8

O pasado xoves día 7 estivemos de novo nas rúas de Vigo facendo panca para voltear a pirámide. Os compañeiros e compañeiras da Renda Básica das Iguais (Coia) explicaron coma o capitalismo é a principal barreira para evitar un equitativo reparto da riqueza. Podedes ver unha galería de fotos nesta ligazón.
O vindeiro xoves día 14, ás 19:30 horas de novo diante do MARCO e desta vez serán os compañeiros e compañeiras da Plataforma de Afectad@s polas Hipotecas as que nos expliquen a súa situación.
Dende a CUT sabemos que non hai outro xeito de mudar a historia que a acumulación de forzas. Son moitas as frontes abertas, pero nada nos é alleo á clase traballadora. Axuntémonos porque si podemos, agora si.