O Comité de Empresa da TVG denuncia manipulación informativa

O Comité de Empresa da TVG denuncia manipulación informativa

11

O Comité de Empresa da TVG denuncia a manipulación informativa e demanda a creación dun Estatuto Profesional.A creación do Estatuto e dun Consello de Informativos está recollida na Lei de medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia que o Parlamento aprobou hai máis dun ano.
O Comité de Empresa da TVG denuncia unha vez máis a manipulación que padecen os informativos da canle pública e alertan sobre as presións e as intervencións sobre o seu traballo que están a recibir a cotío os e as profesionais do medio. A representación dos traballadores e traballadoras, que xa denunciou esta práctica inconstitucional en ocasións anteriores, asegura que o problema agravouse nos últimos meses por mor dos diversos casos de corrupción política que están a sair á luz pública, como por exemplo o Caso Pokemon ou, nos últimos días, o chamado Caso Bárcenas.O Comité da TVG considera especialmente penosas e vergoñentas estas prácticas de manipulación da televisión pública no actual contexto de grave crise económica e profundo deterioramento político e social, xusto cando unha cidadanía en gran parte empobrecida e indignada esixe máis que nunca o seu dereito de acceso a unha información veraz, plural e obxectiva.O Comité de Empresa da canle pública de Galicia denuncia a ausencia dun mecanismo que evite as presións coas que teñen que traballar cada día os profesionais e que garanta a liberdade e a indepencia no exercicio dos seus labores informativos.É por iso que a representación dos traballadores e traballadoras urxe a creación inmediata do Estatuto Profesional que contempla a Lei 9/2011, de 9 de novembro, dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia, o instrumento que, segundo a mesma lei indica, está “destinado a fortalecer a calidade, profesionalidade e independencia dos contidos informativos”. A Lei dos medios públicos que o Parlamento galego aprobou en decembro de 2011 obriga tamén a crear un Consello de Informativos, como órgano interno de participación dos profesionais da información da Corporación RTVG, que terá como obxectivos “velar pola independencia, pola veracidade e pola obxectividade dos contidos informativos difundidos por todas as súas canles”.