O EUROPARO E A REFORMA LABORAL

O EUROPARO E A REFORMA LABORAL

10

6 millóns de parad@s avalan a política do PP nesa competición que manteñen co PSOE en batir a marca da destrución de emprego. Unha taxa do 26% que partía do 8% cando estoupou a crise, por certo, o 8% non o teñen nin agora en Alemaña ou Francia. Estes novos datos, sumados ao peche do IPC nun 2,9%, sitúan á clase traballadora ao borde da miseria, e tomemos nota destes dous conceptos: fame e escravitude laboral porque van ser moi “populares” nos vindeiros meses. O goberno declarou que “xa sabiamos que ían vir estes datos, pero a reforma esta dando os seus froitos e a finais deste ano ou inicios do vindeiro comezará a recuperación”. Non minten, e velaí o por que:A reforma laboral non tiña a finalidade de crear emprego ou consolidar dereitos, dixémolo nós alto e claro e por iso fomos a folga, se non que tiña como obxectivo abaratar a man de obra e facilitar o despedimento o máximo posíbel ao tempo que eliminan a negociación colectiva (que se acorden disto os traballadores e traballadoras que aprobaron estas reforma coa súa pasividade, que se acorden por se pensan que agora van poder esixir algo). Podemos preguntármonos por que lle interesa esto ao goberno e a resposta chámase EURO. A entrada no euro fixo que os estados con economías débiles como o español perder a única posibilidade que tiña para competir no mercado, devaluar a moeda para abaratar custos e vender máis barato. Agoro a moeda é do Banco Central Europeo e obedece aos intereses das economías máis fortes, non das débiles. Cal é a opción que ven como solución para poder abaratar as mercancías e competir? Pois abaratar custos laborais E POR ISO AS REFORMAS LABORAIS SÓ PRETENDEN CREAR MAN DE OBRA ESCRAVA.Queda claro que a reforma laboral está a cumprir o seu obxectivo, unha bolsa de parados e paradas que traballarán polo que sexa en negociación individual co empresario. En canto á recuperación, tantas veces prometida, desta vez pode que sexa certa segundo os seus criterios: nun ano esperan reducir o paro porque co salario dun traballaremos tres.O goberno sempre dixo a verdade, só que non a nós.