ASIENTOS DE GALICIA: MÁIS BENEFICIOS, MÁIS ERES

ASIENTOS DE GALICIA: MÁIS BENEFICIOS, MÁIS ERES

8

O pasado 3 de decembro ASIENTOS DE GALICIA S. A. iniciou un novo Expediente de Regulación de emprego suspensivo para 360 contratos de traballo que novamente pretende aplicarse na mesma liña e nos mesmos traballadores, e que novamente ven despois de coñecer que o grupo segue acumulando beneficios no ano 2012.A empresa leva dende o ano 2008 “regulándonos” coa oposición clara da CUT e pretende seguir por ese camiño, xustificando estas medidas na situación de crise que vive o estado español e o sector da automoción; curiosa xustificación cando o mercado do que depende a factoría non é o español. Esta táctica da empresa non ten outra finalidade que vencernos psicoloxicamente facéndonos crer que a situación é crítica, e cando chega a negociación do convenio teñen medio camiño feito. ASIENTOS DE GALICIA S.A. segue a ter beneficios e non precisa de ERE algún, na CUT posicionámonos claramente en contra desta política patronal, desta arma que están a utilizar contra nós. Se os traballadores e traballadoras de ASIENTOS DE GALICIA S.A. (FAURECIA) somos quen de xuntármonos nun só, non haberá ERE, haberá convenios dignos.