HOTEL PUERTA DEL CAMINO DESAFÍA AO PERSOAL CUN RECORTE DO 5%

HOTEL PUERTA DEL CAMINO DESAFÍA AO PERSOAL CUN RECORTE DO 5%

6

O compostelán Hotel Puerta del Camino decidiu repetir o xa manido esquema de moitas empresas consistente en facer todo o posíbel no contexto desta crise-estafa para cargar sobre as costas do cadro de persoal a súa ansia de beneficio. Foi así que no pasado decembro abriu un período de consultas co Comité de Empresa para tentar executar por esta vía un descolgue salarial ao que os e as representantes se opuxeron frontalmente, cun programa de mobilizacións que deu os primeiros froitos.A oposición do Comité levou á empresa a acordar unilateralmente unha rebaixa de salarios do persoal nun 5%, ao tempo que a Dirección deste hotel atacaba en xuntanzas co persoal á representación colectiva pola súa “falta de flexibilidade”. A decisión foi comunicada ás traballadoras e traballadores o pasado día 14 de decembro e veu de facerse efectiva o pasado 1º de xaneiro.Estes días están a ter lugar diferentes mobilizacións baixo o lema “Non aos recortes” durante os actos organizados pola empresa, á agarda de que a Asemblea Xeral de Traballadores e Traballadoras defina cal vai ser o programa de loita a seguir durante as vindeiras semanas, coa clara decisión do conxunto de traballadoras e traballadores de defender o seu salario e os seus dereitos colectivos.