A asemblea comarcal de Vigo aproba calendario de mobilizacións

A asemblea comarcal de Vigo aproba calendario de mobilizacións

13

O venres 14, as afiliadas e os afiliados da Central Unitaria de Traballadores/as de Vigo, levamos a cabo a nosa asemblea comarcal. Dun xeito unánime, comezamos valorando moi positivamente como se desenvolveu a xornada de loita e dignidade do pasado 14-N, ao tempo que elaboramos o noso calendario de acción sindical para os vindeiros tres meses. Entre as actividades que imos desenvolver gustaríanos salientar as concentracións abertas e participativas que imos promover todos os xoves ás 19:30 horas perante o Museo de Arte Contemporáneo de Vigo (Marco). Nese sentido convidamos as traballadoras e traballadores, as asociacións e colectivos que desenvolven o seu quefacer en chave transformadora a que se sumen e participen desta iniciativa plural.