HOSTAL DOS REIS CATÓLICOS: UN NADAL DE LOITA OBREIRA

HOSTAL DOS REIS CATÓLICOS: UN NADAL DE LOITA OBREIRA

11

A Asemblea Xeral de Traballadores/as celebrada na tarde de onte referenda a necesidade de manter as datas do 24, 25, 31 e 1 como xornadas de loita contra o ERE e a expropiación da súa representatividadeNa tarde de onte celebrábase a Asemblea Xeral de Traballadores/as no Hostal dos Reis Católicos para a organización da folga convocada para o 24, 25 e 31 de decembro e o 1 de xaneiro, que se mantén co respaldo do cadro de persoal.O obxectivo principal desa folga convocada era a negociación dun Convenio Colectivo que a empresa quere ver decaer a través do seu silencio, e en aproveitamento das últimas reformas laborais salvaxes que lle conceden á patronal a oportunidade de tombar convenios co seu simple inmobilismo.A isto sumóuselle no último mes a apertura por parte da Dirección Central de Paradores dun Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que está a ser negociado en Madrid co Comité Intercentros e que pretenden que lle afecte ao centro de Compostela. O centro de traballo compostelán, con Comité de Empresa propio e Convenio de Centro, “négase meridianamente a que se ampute a representación compostelá e acusa á empresa de tentar usurparlle a súa voz”.É por iso que o cadro de persoal non recoñece a lexitimidade dun ERE negociado de costas aos seus lexítimos representantes e recorda que o Hostal dos Reis Católicos leva dando beneficios reiterados, co que “non tería lóxica algunha que se tragase cun ERE, e moito menos cando este está a ser deseñado nos cubículos de Madrid, cunha representación colectiva que descoñece a nosa realidade e non nos representa”.A disposición a manter as xornadas de folga ante a “reiterada negativa da empresa a concretar unha data de negociación inmediata”, e a “falar con quen ten que falar das cousas deste centro, que somos nós”, vai acompañada doutras medidas, como unha denuncia colectiva diante do Dirección Xeral de Inspección Laboral que se agarda que pola súa propia lóxica ampare a interpretación deste Comité, xunto a outras medidas de presión e mobilización que se levan deseñado ao longo de toda esta semana e que están a ter os seus primeiros froitos.Os traballadores e traballadoras lembraban que “se estabamos dispostas a saír á rúa para esixir a negociación do Convenio, máis o estaremos se a intención da empresa é realizar despedimentos en Compostela, porque se nos tocan a unha tócannos a todas”, lamentando “o descaro da patronal de Paradores ao propoñer despedimentos nun centro que leva dando beneficios reiterados“ ao tempo que asumen o feito de que “a nosa loita non é máis do que unha pequena pedra da loita do conxunto de traballadores e traballadoras da hostalería e de todos os sectores, que deben ter o valor de levantarse contra a ignominia e a rapiña, e facer historia”.