NO MORRAZO SEGUIMOS NA RÚA FRONTE Á BARBARIE

NO MORRAZO SEGUIMOS NA RÚA FRONTE Á BARBARIE

8

O próximo venres día 21 de decembro ás 19´30 horas, terá lugar a mobilización número vintecatro, que desde o pasado mes de xullo veñen celebrándose en Cangas, convocadas pola CUT e co apoio de distintos colectivos e movementos sociais. Foron seis meses de mobilización na rúa.Na deste venres terá lugar o remate da KILADA SOLIDARIA, que desde o mes de novembro recolleu doazóns con destino ós centros asistenciais e comedores sociais de Cangas. A diferenza das anteriores que se xuntaron alimentos, nesta ocasión recolléronse xoguetes.

 Non hai outra solución diante da conxuntura que bate na clase traballadora, máis que a mobilización permanente. Non cabe outra vía que a unión de loitas e factores golpeados polo capitalismo. Desde o comezo das mobilizacións no mes de xullo, nas concentracións que preceden ás manifestacións pola vila, tiveron voz; os afectados pola estafa bancaria, os golpeados polos recortes sanitarios e do ensino, os pensionistas, o 15-M, etc. Remata o 2012 e comeza outro ano, non hai que ser moi listos para saber que o ano que axexa, vai ser aínda máis cruel que o que se nos vai. So, a actitude de mobilización pode facerlle fronte o que se aveciña, so esta posición d@s traballador@s máis lúcidos, evitará enfangarnos no marasmo da apatía, da impotencia e da frustración. A única loita que se perde, é aquela que non se da.