Telemadrid en loita

Telemadrid en loita

11

A CUT solidarízase cos traballadores e traballadoras de Telemadrid, en loita contra un ERE que pretende despedir ao 80% do cadro de persoal


925 despidos dun total de 1170 traballadores e traballadoras. Son as cifras do brutal Expediente de Regulación de Emprego co que queren acabar cos medios públicos de comunicación da comunidade madrileña.

Este sindicato considera inaceptable que, por mor dunha nefasta xestión e dun aproveitamento político antidemocrático (nos que non teñen ningunha responsabilidade os traballadores e traballadoras da radio e a televisión autonómicas), o goberno do PP estea a desmantelar un servizo esencial concebido para garantir o dereito fundamental de acceso á información.

A intención intolerable da dirección da cadea é reducir drásticamente a produción propia para satisfacer, unha vez máis, os intereses de empresas privadas ás que se lles vai subcontratar a programación, nun proceso de externalización sen precedentes.

A CUT e, en concreto, a súa filiación nos medios de comunicación públicos de Galicia, aplaude e solidarízase coa loita dos e das empregadas de Telemadrid, que xa manifestaron onte, cunha primeira xornada de folga de 24 horas, que están dispostos a dispostas a combater e enfrontar esta última nova agresión contra o público e contra a clase traballadora dun sistema capitalista esgotado.