ELES ERE QUE ERE, NÓS FOLGA XERAL

ELES ERE QUE ERE, NÓS FOLGA XERAL

12

O Regulamento de ERE contido no Real Decreto 1483/2012 abre as portas aos Expedientes de Regulación arbitrarios na administración pública.
Os Expedientes de Regulación de Emprego (ERE) abriron a porta a un desaloxo masivo de traballadoras e traballadores do mercado laboral privado. As diferentes reformas laborais viñeron a amparar un incremento de máis dun 62,7% o número de galegos e galegas expulsas en bloque do seu traballo por este motivo (20.435 no 2012), chegando ao incremento do 115,1 % nun dos sectores máis febles a este contexto de estafa mistificada baixo a forma “crise” como é a construción.Agora, a administración central, en coherencia co lóxica neoliberal que coloca da man do PP o tótem da mercadoría como un valor moito superior ao dos dereitos sociais, políticos, económicos e culturais da maioría social, vén de promulgar o Real Decreto 1483/2012, de 29 de outubro, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de despedimento colectivo e de suspensión de contratos e redución de xornada. Un novo Regulamento para os Expedientes de Regulación que non aforra sorpresas.
Como adoito, chegan as novidades. Este Regulamento establece á fin a vía de exercicio daquel vello soño neoliberal que a resposta sindical coutou durante décadas: o despedimento libre nas administracións públicas. Se para o despedimento colectivo de persoal laboral baseado en causas económicas se establece unha merma presupostaria dun 5 % no exercicio corrente, ou un 7 % nos dous anteriores (“insuficiencia presupuestaria sobrevenida y persistente para la financiación de los servicios públicos correspondientes”) aínda non se aclara cales serán os criterios para xustificar os EREs baseados en causas organizativas ou produtiva na administración. Xa non as portas, senón os portóns da destrución dos servizos públicos, mediante o esvaciamento do persoal laboral ao seu servizo, fican abertos. Como aberta fica a comporta da destrución dun dos poucos sectores de emprego estábel do noso país, a administración pública.
O compañeiro David Paz, Presidente do Comité Interempresas da CRTVG, e responsábel da Sección Sindical da CUT-CRTVG, a máis importante sección da nosa central na Administración Pública galega, asevera en referencia ao ente público que “a tranquilidade na que vive esta empresa é falsa e calquera día salta polo aire, por iso temos que ir comentando estas cousas e agora máis que nunca é necesario que a xente tome conciencia da situación da empresa”. É unha mostra da preocupación dos traballadores e traballadoras públicas por esta medida.

Con todo, nin isto o toma por sopresa, nin a indignación evita que teña clara xa unha resposta inmediata. “Por iso o 14 de novembro, folga xeral” di. Nós non podemos estar máis que totalmente dacordo con el. Con elas e eles.