URBASER COMPOSTELA PREPARA A NEGOCIACIÓN COLECTIVA

URBASER COMPOSTELA PREPARA A NEGOCIACIÓN COLECTIVA

7

Este xoves 25 nunha morea de Asembleas nas diferentes quendas de traballo someterase a valoración o contido da plataforma colectiva.“Non son os mellores tempos para a negociación colectiva”. Ou cando menos iso é o que reiteran deica o cansazo os diferentes medios incomunicativos do poder. Mais, malia as moitas reformas e talladas dadas ao corpus xurrídico laboral, os convenios colectivos caducan e os traballadores e traballadoras vense na situación de lle ter que facer frente a unha negociación que se torna inevitábel.O cadro de persoal de URBASER, concesionaria dos servizos de limpeza viaria en Compostela, está a prepararse para enfrontar unha nova negociación colectiva, “con precaucións mais sen medos”, na voz do delegado desta central sindical. Un proceso asembleario, no que a plataforma consensuada entre as tres forzas sindicais presentes no Comité de Empresa será o elemento central, agarda o referendo e as modificacións oportunas por parte do cadro de persoal.