SOLIDARIEDADE COS TRABALLADORES AGREDIDOS EN FERROL

SOLIDARIEDADE COS TRABALLADORES AGREDIDOS EN FERROL

9

A Central Unitaria de Traballadores e Traballadoras (CUT) mostra a súa preocupación polos feitos represivos acontecidos na comarca de Ferrol ao redor das protestas dos traballadores do Poligal pola carga de traballo, esbozadas de maneira unitaria polos sindicatos maioritarios ás portas dun mítin do PP na cidade.Unha preocupación que se instensifica diante da instauración de novas dinámicas represivas por parte do estado, que amparan comportamentos policiais que están a vulnerar calquera dos principios formalmente democráticos nos que o propio estado burgués se constrúe, nun xiro constrastábel á hora da supresión de dereitos sociais, laborais, culturais e políticos que nos quere devolver ao século XIX.A CUT traslada o seu apoio inflexíbel ao compañeiro Xesús A. López Pintos, responsábel da CIG na comarca de Ferrol, brutalmente agredido durante o desenvolvemento da protesta, quen tamén denunciou torturas na súa detención. Así aos outros compañeiros feridos durante a carga policial.A agudización das contradicións, o fortalecemento dos instrumentos represivos do estado por parte do capital e a expropiación masiva e violenta de dereitos colectivos dannos a ver que non queda outra do que a xenerosidade sindical e o artellamento de fórmulas amplas de resposta nas rúas. Contra a violencia do capital, a loita obreira masiva, unitaria e solidaria é a única posibilidade de vitoria para as clases populares.