COMEZAN AS XORNADAS HOMENAXE A MARCIAL VILLAMOR

COMEZAN AS XORNADAS HOMENAXE A MARCIAL VILLAMOR

8

Desde hoxe até o sábado, a Central Unitaria de Traballadoras/es, xunto a CNT e Adiante, organiza en Compostela unhas xornadas en lembranza do sindicalista galego Marcial Villamor morto no golpe franquista do 36.Comezamos este xoves 11 cun encontro con membros da familia de Villamor que terá lugar a partir das 20 horas no Bar Olvido (rúa do Olvido 11). O venres á mesma hora pero no local da CUT (Sar 93), o historiador Eliseo Fernández achegaranos a súa visión do período histórico represivo aberto en Compostela coa Guerra Civil.O acto central que contará con intervencións tanto dos colectivos organizadores como de membros da familia, estará amenizado coa actuación de Mini e Mero e será o sábado 13 a partir das 12 horas na praza do barrio de Sar que leva o nome do sindicalista homenaxeado. Remataremos estas xornadas cun xantar-convivio no local da CUT en Compostela ao que está aberta a inscrición até o xoves 11 no teléfono 981584427 ou no enderezo electrónico compostela[arroba]cutgalicia.org.