A ESTAFA DE PARADORES OU A CRISE COMO ESCUSA

A ESTAFA DE PARADORES OU A CRISE COMO ESCUSA

15

Nos xornais de todos o estado este mes, a Presidenta de Paradores de Turismo SA Ángeles Alarcó, íntima amiga de Rajoy, Esperanza Aguirre e outros xestores que se puxeron mans á obra na reforma laboral, celebraba que o Parador da empresa  “Hostal dos Reis Católicos”, na cidade de Compostela, incrementase este ano un 3,5% a ocupación hoteleira, con respecto ao datos do ano 2011. E polo tanto, aumentase tamén os beneficios.Aínda neste contexto, a Dirección de Recursos Humanos desta empresa decidiu buscar as vías para pegarlle unha tallada ás condicións laborais de todo o cadro de persoal, amparándose nunha situación xeneralizada de pánico a causa da crise estrutural. Unha proba clara da desvergoña coa que as empresa en beneficios, decote afíns ao goberno no poder, aplican as cláusulas das reestruturacións laborais do mercado do traballo que elas mesmas alentaron, sobre un fondo de miseria.É así que hai dous anos, Paradores decidiu conxelar a negoaciación colectiva do Convenio do Hostal dos Reis Católicos, asinado por un Comité de Empresa no que a CUT ten ampla maioría, e que leva sendo un dos convenios de referencia no ámbito hostaleiro galego. Con todo, e diante disto, a vontade do cadro de persoal é non deixarse enganar pola manobra empresarial de evitar a mesa de negociación en aras de ver consumidos os prazos de ultraactividade do documento.Dende esta semana os martes e os xoves, constantes as mobilizacións do plantel esixen a negociación colectiva, denunciando ao tempo que Paradores de Turismo pretende suplantar a lexitimidade da representación colectiva galega tratando co Comité Intercentros madrileño cláusulas inaplicábeis na cidade compostelá pola falta de lexitimidade deste. Un Comité Intercentros que o persoal galego non elixiu e polo tanto, carece de representatividade.É por iso que seguirán e se endurecerán as mobilizacións na Praza do Obradoiro, como asegurou para a prensa esta mañá Jesús González “Cuqui”, presidente do Comité, ao tempo que trasladaba que “os traballadores e traballadoras faremos todo o que estea da nos aman para sentar á empresa, sexan folgas, cortes de tráfico, o que faga falla”.