DA ESCRAVITUDE ASALARIADA AO TRABALLO GRATUÍTO

DA ESCRAVITUDE ASALARIADA AO TRABALLO GRATUÍTO

9

A Central Unitaria de Traballadores e Traballadoras manifesta a súa indignación diante da nota do Ministerio de Emprego, que anuncia o desenvolvemento da figura da “colaboración social” para obrigar ao traballadores e traballadoras perceptores da prestación de desemprego á prestación de “servizos de utilidade pública”, polo seguinte:1.- A prestación de desemprego é unha conquista das traballadoras e traballadores, como o é o conxunto da cobertura social. A prestación por desemprego é máis un “salario diferido” (isto é, unha prestación abonada polo conxunto de nós durante as nosas etapas laboralmente activas) polo tanto ha de ser recoñecida sen que caiban mercadeos, trampas, ou contraprestacions que penalizan e dificultan aínda máis a situación dos desempregados e desempregadas.2.- Esta medida forma parte dunha actitude do goberno de ultradereita madrileño que pretende culpabilizar aos desempregados e desempregadas, e ao conxunto da clase traballadora, da crise confundindo interesadamente o desemprego coa “ociosidade”. Procurando a estigmatización e anulación social deste sector.3.- Constátase unha evolución ultraliberal das políticas de emprego onde inmediatamente, dun modelo de escravitude asalariada, se evolúe cara un novo modelo de traballo gratuíto consolidándose así o desexo voraz das elites económicas: a creación dun grande exército de man de obra gratuíta (ou escasisimamente remunerada) ao servizo dos intereses do goberno que for.4.- Os chamados “traballos de utilidade social”, na perniciosa dinámica privatizadora que estamos a vivir, están en mans de empresas privadas que contratan coa administración, polo que a intención desta é reintroducir pola porta de atrás aos desempregados e desempregadas no mercado laboral, sen respectar ningún tipo de dereito ou compromiso laboral, nunha ofensiva clara contra os mínimos conquistados pola nosa clase.5.- Ninguén garante a axeitada preparación física ou profesional dos desempregados e desempregadas obrigadas a esta prestación gratuíta de servizos, polo que a CUT advirte dun incremento máis que previsíbel da sinistralidade laboral, xerando máis unha distorsión nas durísimas condicións de vida orientadas á súa exclusión da poboación desempregada e máis aínda das nosas mozas e mozos.A Central Unitaria de Traballadores e Traballadoras chama ao colectivo de desempregadas e desempregados a poñerse da banda e esixir a convocatoria urxente dunha folga xeral e a desenvolver as debidas medidas de resposta en desobediencia contra un Capital que nos quere escravas e escravos.