TRABALLADORES/AS DA CUT OCUPAN CENTRO MÉDICO CONTRA O RACISMO

TRABALLADORES/AS DA CUT OCUPAN CENTRO MÉDICO CONTRA O RACISMO

10

Nestes momentos traballadores e traballadoras da CUT permanecen nunha ocupación no Centro Médico Concepción Arenal contra o racismo sanitario, denunciando que o PP galego está a facer oportunismo electoral coa Instrución de Sanidade e esixindo da Xunta de Galiza unha insubmisión radical ao Decreto da Segregación SanitariaMedio cento de traballadores e traballadoras da Central Unitaria de Traballadores/as entraron á primeira hora desta mañá no centro médico Concepción Arenal, situado na cidade de Compostela, baixo os lemas “A sanidade pública é unha conquista de todas e todos” e “Ningún ser humano é ilegal, atención sanitaria universal”.A idea da militancia desta central sindical é permanecer ao longo de todo o día e toda a noite de hoxe, cun programa de actividades que inclúe unha mesa redonda sobre o “Apartheid sanitario e políticas migratorias” con membros do Foro da Inmigración, do Colectivo Cambalache e de Médicos do mundo. Alén disto, diversas proxeccións, a distribución de material informativo e unha asemblea de profesionais sanitarios ás 14.30 horas da tarde, serán algunhas das actividades que, dende as 12.30 horas até ben entrada a madrugada se desenvolverán nese centro. Ás 20.00 horas teñen convocada unha concentración ás portas do centro médico baixo a lenda: “Racismo é un feito, insubmisión un dereito”.O obxectivo desta ocupación é poñer sobre a mesa que o goberno galego de Feijóo está a aproveitarse dunha dramática situación que é a exclusión xenófoba do colectivo inmigrante da Sanidade Pública mediante o Decreto da Segregación Sanitaria (RD 16/2012) para xogar ao oportunismo electoral, propoñendo unha medida insuficiente e discrecional como a Instrución da Consellería de Sanidade, que só adía o problema co obxecto de engalonarse de cara ás eleccións do 21 de outubro.Nun manifesto feito público polos traballadores e traballadoras disidentes, advirten que “se propuxeron un obxectivo: recuperar coas nosas propias mans, cos nosos corpos, os dereitos que o Capital e os seus gobernos de cartón nos están a arrincar con violencia, sen que a miseria da maior parte da sociedade lles importe o máis mínimo” ao tempo que advirten que “esta crise non a imos pagar a clase traballadora. Porque a unidade das traballadoras e traballadores polos seus traballos, polas súas vidas vai triunfar. Ou nós ou eles compañeiras e compañeiros. E se temos que decidir, apostamos por nós. Porque somos a maioría social e o futuro ten que ser noso.”“Cando o racismo e a xenofobia son un feito, a insubmisión e a desobediencia civil son un dereito” conclúe o manifesto.